Un dos nosos puntos fortes, é o de solucións técnicas orientadas ao soporte e mantemento de Sistemas TI, e que ofrece a vantaxe de manter os seus sistemas en correcto funcionamento en todo momento, solucionando as incidencias que poidan xurdir, en base a uns acordos e niveis de servizo acordados previamente.
Configuramos servizos totalmente personalizables ás necesidades da nosa clientela, baseadas na prestación de soporte remoto e presencial. Así, dispoñemos de:
- Servizo de soporte remoto e presencial sen límite de horas mensuais.
- Servizo de soporte remoto e presencial con límite de horas mensuais.
- Outsourcing de persoal técnico en instalacións do cliente a xornada completa.
Para a prestación dos nosos servizos, contamos con:
- Equipo de traballo formado por máis de 25 persoas cualificadas, localizadas na nosa sede central e en ubicacións estratéxicas, o que nos permite dar servizo en toda Galicia.
- Laboratorio técnico propio, e recursos técnicos para a prestación de servizo.
- Elementos de comunicacións e de transporte.
- Metodoloxía implantada para a xestión do servizo, baseada en ITIL.